Correduría de Seguros Sueiro
Correduría de Seguros SUEIRO, S.L. nace no ano 1953 impulsada por un grupo de profesionais con ampla experiencia no sector asegurador.
“Saber que cando che pasa algo, tes un profesional que vela polos teus intereses e que se preocupa por axilizar os trámites ao máximo, é unha tranquilidade”
Clientes que depositaron toda a súa confianza en Sueiro.
Máis de 30 anos de crecemento no sector dos seguros.
Unha experiencia acumulada no mundo dos seguros de máis de 60 anos.
Correduría de Seguros SUEIRO, S.L. nace no ano 1953 impulsada por un grupo de profesionais con ampla experiencia no sector asegurador.
A través da análise obxectiva o cliente ten a seguridade de que Correduría de Seguros SUEIRO, S.L. vai analizar o número suficiente de ofertas para ver a que mellor se adapte ás súas necesidades.
Realizamos por tanto unha verdadeira xerencia de riscos, analizando as necesidades do cliente, estudando as súas características e aconsellando as coberturas máis adecuadas e convenientes.
A nosa relación co cliente continua coa administración, información e vixilancia dos seus seguros, cuxas coberturas e garantías vense continuamente afectadas por un mundo cambiante.
O noso Departamento de Sinistros encárgase de tramitar os seus sinistros, defendendo e reclamando as indemnización que unhas boas coberturas de seguro previron.